UGPOL pide unha xuntanza co alcalde de Ponteceso para que rectifique o seu odio á Policía Local

https://www.adiantegalicia.es/costa-da-morte/2017/12/01/ugpol-pide-unha-xuntanza-co-alcalde-de-ponteceso-para-que-rectifique-o-seu-odio-a-policia-local.html

UGPOL pide unha xuntanza co alcalde de Ponteceso para que rectifique o seu odio á Policía Local

UGPOL pide unha xuntanza co alcalde de Ponteceso para que rectifique o seu odio á Policía Local

Costa da Morte | Publicada: 01/12/2017

 

”UGPOL insta pola prevención viaria, retirar das vías públicas aos condutores drogados, temerarios, alcoholizados e neste caso cremos que a educación viaria debe comezar polo propio alcalde de Ponteceso. Polo tanto solicitamos unha reunión urxente co alcalde de Ponteceso aos efectos didácticos e docentes que cremos que precisa”

Críticas de García Carballido

Non sentaron ben unhas declaracións  do alcalde de Ponteceso nas que criticaba o “afán recadatorio” da Policía Local e aseguraba que é un dos servizos que máis queixas veciñais suscita”, polo que se amosou disposto a mellorar este departamento.

“Ao mellor é que os veciños de Ponteceso son parvos e non saben aparcar” afirmou Lois García Carballido en plan irónico para explicar que no seu concello poríanse o triplo de multas que noutros municipios.”Aquí debe de haber moito Fernando Alonso” bromeaba o rexedor socialista, que non aforraba mensaxes cara os axentes do corpo local:”Sacan a foto e marchan correndo para recadar en multas”.

Educación viaria para o alcalde de Ponteceso

Estas declaracións obtiveron a resposta da Unión Galega de Policías Locais que solicita unha entrevista con García Carballido “aos efectos didácticos e docentes que cremos que precisa”. Nun comunicado manifestan:”UGPOL insta pola prevención viaria, retirar das vías públicas aos condutores drogados, temerarios, alcoholizados e neste caso cremos que a educación viaria debe comezar polo propio alcalde de Ponteceso”.

“O PSOE quere baixar o soldo á Policía Local”

Desde UGPOL indican que “O PSOE como goberno de esquerdas quere baixar o soldo á Policía Local e o argumento é que a Policía traballa”. Ademais aclaran que os policías locais “non cobra nin sanciona”, e é o alcalde o que ten esa competencia.

Tamén lembran que as multas non son impostos e se, como afirmou o alcalde, non hai sitio para aparcar no centro de Ponteceso é exclusivamente culpa do goberno local.

Consideran que coas súas declaracións o rexedor quere impulsar unha folga para que os axentes da Policía Local non cumpran coas súas funcións e algún veciños teñan “patente de corso”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.